Ribadeo
en Común
MANIFESTO
Un grupo de veciños e veciñas de
Ribadeo plantexámonos -como fan tamén noutros lugares de Galicia e
de España- a necesidade de que a cidadanía participe e controle de
xeito real a xestión dos asuntos públicos.
A nosa iniciativa non vai dirixida
contra ninguén, non responde ao interese de ningún partido ou grupo
político político concreto, nin é excluínte. Está aberta a todas
as persoas que comparten as nosas preocupacións pola situación
actual.
Vivimos unha crise non só
económica senón de todo o sistema, causada pola cobiza e desexo de
poder de institucións financeiras e multinacionais, que está a
servir como desculpa para a aplicación de políticas de recortes de
dereitos e liberdades, e para a privatización de bens públicos
(pensións, saúde, servizos sociais, educación). Mentres tanto, a
corrupción empreña o funcionamento das institucións políticas.
Os beneficios da especulación
rematan en mans privadas, mentres que a débeda -dunha crise
provocada- acaba socializada. Os gobernos, controlados polas
entidades financeiras, promoven leis en favor delas mentres que unha
parte cada vez maior da poboación é vítima do desemprego, da
pobreza e da exclusión social.
Ante esta situación, pretendemos
que a veciñanza deixe de ser un suxeito pasivo que se limite a
entregar cada catro anos un cheque en branco a un partido político
-controlado por un grupo de profesionais da política-. Son
necesarias novas formas democráticas, transparentes e
participativas, dirixidas realmente á procura do ben común.
Por iso, o noso primeiro e
principal obxectivo é impulsar o proceso de construción colectiva
dunha nova estrutura de goberno local na que calquera asociación,
veciño e veciña (organizad@s en grupos de traballo sectoriais ou
territoriais) poda participar na toma de decisións e ser informado
cumpridamente da xestión que está a ser executada.
Con este fin estamos a constituír
unha Plataforma Cídadá que integre e mobilice a aqueles que
consideren que os intereses das persoas deben estar por diante dos
intereses de grupos económicos ou partidarios, e queiran construír
de xeito cooperativo un modelo coherente e sostible para o noso
concello.
Esta plataforma pretende
concretarse nunha Candidatura Cidadá cara a participar nas eleccións
municipais de 2015, que promova:
- A total e efectiva transparencia informativa na xestión do goberno local.
- A participación veciñal no deseño das políticas locais e no control destas.
- A erradicación de calquera sinal de clientelismo ou nepotismo da Casa do Concello.
Chamamos a participar nela a quen
compartan, ademais, estes principios básicos comúns:
- Loitar por unha sociedade máis xusta e solidaria, dando prioridade ao ben común sobre o interese privado ou partidario.
- Traballar pola efectiva igualdade de dereitos para tod@s e a eliminación de privilexios para algúns.
- Defender as liberdades individuais e colectivas.
- Defender o carácter universal, gratuíto e de calidade dos servizos públicos.
- Salvagardar o noso patrimonio natural e cultural.
Asinantes
do Manifesto:
Rocío
Botana García
Jesús
Javier Chao Lolo
Manuel
Ramón Díaz Teijeira
Emilio
García Garcia
Julio
César González García
Matilde
González Gómez
Antonio
Gregorio Montes
Arturo
Linares Martínez
Chemi
Lombardero Rico
Evaristo
Lombardero Rico
Francisca
López de Prado Nistal
Carmen
Manzanal Gómez
María
Novo Fernández
Mario
Penelo Riva
Eduardo
Piñeiro Rouco
Elvira
Posada García
David
Regueiro Rama
Iván
Rodríguez Lombardero
Jon
Urbieta Igual
Victor
Villar Caamaño
Antonio
Villarino Rego
CONTACTO:
Podes informarte ou sumarte á nosa iniciativa escribindo ao enderezo
ribadeoencomun@gmail.com tamén estamos en Facebook e Twitter
Benvidos á rede!
ResponderEliminar