O pasado martes día 11 de novembro, a asemblea de "Ribadeo
en común" coma órgano soberano da nosa iniciativa, decidiu delegar as
responsabilidades de xestión, control e representación da plataforma nunha estrutura formada por 10 persoas (unha
secretaria, unha tesoureira, unha coordinadora, dúas portavoces, neste caso
home e muller, e cinco para a comisión de garantías).
A metodoloxía a empregar na elección dos cargos foi deseñada
na procura dunha participación activa do conxunto da plataforma e dun exercicio de rigor democrático.
Consiste nunha xornada de votacións, que terá lugar cada tres meses para favorecer o
carácter rotatorio dos postos, onde calquera veciñ@ de Ribadeo -que teña
asinado o noso manifesto- poderá
escoller as persoas encargadas de asumir
as responsabilidades descritas entre o censo da propia plataforma.
Deste xeito, a voz da asemblea é quen propón os cargos en
base á confianza amosada polo conxunto, evitando a aparición de posibles
dinámicas competitivas, como adoita acontecer cos mecanismos tradicionais empregados noutras organizacións (mesmo de carácter asembleario como a nosa).
En
calquera caso, unha vez valorada as propostas xurdidas da
votación, as persoas escollidas terán sempre a posibilidade de rexeitar
o cargo e derivalo á seguinte persoa mais votada (no caso de empate
a votos, decidirase por sorteo).
Para facilitar a selección, e unha vez garantida a promoción
da participación en base á confianza, calquera de nós ten a posibilidade de
presentarse coma voluntario para os cargos en función da súa dispoñibilidade e
capacidades.
Os prazos para
candidatarse quedan abertos desde hoxe ata o día 17 de novembro (incluído),
podendo facelo público a través do correo electrónico ou do blogue da
plataforma.
O día 18 terá lugar a votación de xeito presencial na
asemblea convocada a partir das 8:00 no cantón bar de Ribadeo, ou de xeito non
presencial, mediante un soporte que se publicará o luns neste correo e sempre
antes do comezo da asemblea.
O voto presencial respecta a posibilidade do anonimato, non
sucede así por motivos de loxística co voto non presencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario