martes, 19 de maio de 2015

Gastos de Ribadeo en Común desde os inicios a hoxe 20 maio 2015

Gastos de Ribadeo en Común a día de hoxe (20 de maio), e satisfeitas coas cotas voluntarias dos membros de Ribadeo en Común aprobadas en asemblea ordinaria do 2 de decembro de 2014 (Acta nº4)


Informe primarias. Ribadeo en Común

Informe primarias. Ribadeo en Común. 2015 (v.2)
Difusión
Comisión Electoral
Nota previa: O presente documento é a versión 2. Para a primeira versión foi acordado en
asemblea que fora reestruturada e revisada, o que se tentou facer, incorporando asemade algún documento complementario achegado de xeito posterior.

Índice:
-
1.Historia
2.Resultados
3.Incidencias
6.Recomendacións
7.Conclusións

O presente documento pretende ser un instrumento de transparencia e aprendizaxe do proceso electoral de primarias mantido por Ribadeo en Común entre os días 8 e 17 de abril de 2015.

1.Historia
Na mente das participantes en Ribadeo en Común estivo sempre presente a realización
de primarias abertas. O regulamento de primarias foi aprobado en Asemblea o día 17 de marzo de 2015 e a Comisión Electoral foi elixida o día 28 de marzo de 2015 de xeito incompleto, participando nela tres persoas, Arturo Linares, Manuel Díaz e Antonio Gregorio, e funcionando así ata o final. Asemade, na asemblea de 28 de marzo aprobouse o modelo de compromiso das representantes no concello. As actas correspondentes forman parte da documentación de Ribadeo en Común publicada en internet.
A Comisión Electoral reuniuse en diversas ocasións durante o período electoral, sendo a
primeira o día seguinte a ser nomeada, e a última, para a aprobación do presente documento, previo á súa presentación á Asemblea.
A Comisión Electoral emitiu en ata catro ocasións diversas normas para desenvolvemento do proceso electoral, tentando fixar a interpretación do regulamento de primarias e amañar as posibles faltas do mesmo. Ditas normas adxúntanse no anexo 6.
No proceso electoral houbo 17 candidaturas que cubrían os 17 postos esixidos,
quedando os suplentes a parte. O reconto foi efectuado o día 17 de abril, sendo presentados os resultados a continuación en Asemblea. Na mesma asemblea aprobouse a lista que se presentará ás eleccións municipais, a proposta da comisión.

2.Resultados
Preséntanse embaixo os resultados, unha volta realizadas as operacións correspondentes
segundo o sistema Dowdall, presentando a lista corrixida pola condición de lista cremalleira, na mesma orde, coa mesma nomenclatura coa que xa foi anunciada pola Xunta Electoral de Zona, e unha volta repasada (axuntado a puntuación obtida):

1 25,0416666667
2 21,8527777778
3María Novo Fernández 6,8996031746
4 13,8277777778
5 Lidia Ares Taboada 6,0845238095
6 13,6845238095
7 Eva Paula Roca Posada 5,1063492063
8 7,3226190476
9 4,7857142857
10 4,1087301587
11 3,1277777778
12David Regueiro Rama 3,9662698413
13 1,6000000000
14 3,9067460317
15 1,0956349206
16 3,8678571429
17 1,0928571429

Maria Victoria López Louro
Mario Penelo Riva
Evaristo Lombardero Rico
Iván Rodríguez Lombardero
Julio César González García
María del Rocío Botana García
Carlos Daniel Scavuzzo Mejías
María José García Burgo
María José López Martínez
Víctor Villar Caamaño
María Ángeles Dominguez Barroso
Héctor Peña Díaz
María del Mar Orosa Pérez

Suplentes:
1.Emilio García García
2.Elvira Rosa Posada García
3.María del Carmen Manzanal Gómez

Do mesmo xeito, preséntanse os resultados en xeito gráfico en anexos (anexo 1 e comparativas de anexos sucesivos)
Rexistrouse unha participación de 54 votantes, cun só voto nulo (53 votos a candidatas),
o que representa un 27,84 % do censo de 194 posibles votantes.
Non se adxunta neste informe o ficheiro “Base datos ReC pre avais marzo.pdf” co
conxunto do censo de posibles votantes (194 liñas, incluídas as incidencias e sen depurar posibles casos de non censados, non residentes ou que se teña consciencia da imposibilidade da súa participación por diversos motivos) nin o listado de electores empregado na mesa electoral, no que aparecen as persoas que votaron. Ditos documentos seguen a ser custodiados polo secretario.
Sí se axuntan os datos en bruto dos votos emitidos (anexo 4, conservados cos cálculos
nun ficheiro, “resultados primarias.ods” que tamén segue custodiado polo secretario, co conxunto de material resultante das eleccións, incluídas as sinaturas do manifesto). No anexo citado aparece o 'número de voto' como identificador, para permitir o posible rastreado de cada voto individual pola numeración do mesmo, gardando o segredo de voto.

3.Incidencias
Expóñense aquí as incidencias referidas á Comisión Electoral de Primarias, ben por
escrito ou con máis dunha testemuña, ou observadas directamente por membros da mesma
comisión.
1.A falta de xente foi patente, dende o non poñer urna no rural ata a propia procura de
candidatas para encher a lista ata o mínimo esixido.
2.Notouse moita falta de tempo, que unido á inexperiencia fixo que a normativa se fora
construíndo case sobre a marcha, cunha limitada capacidade de previsión das incidencias.
3.A promoción das primarias foi tardía e case inexistente.
4.Tomouse como lugar de votacións o lugar de traballo e propiedade dunha das candidatas.
5.A propaganda electoral polas canles establecidas foi mínima.
6.Fíxose unha petición por parte da Comisión de Garantías (anexo 7), que desembocou
nunha ampliación de tempo de votación.
7.A mesma petición anterior deu lugar a unha validación das eleccións antes do seu final.
8.A interferencia da prensa no proceso foi escasa, pero dificultou a comprensión das liñas básicas de ReC e do proceso.
9.Houbo que facer algunha modificación no censo electoral a raíz de erros no mesmo.
10.Notouse unha falta de experiencia, manifestándose en todo tipo de situacións.
11.Un dos correos iniciais de aviso de inclusión no censo e posibilidade de votación foi
enviado con dirección á vista, incluíndo na dirección o enderezo de máis de 25 persoas.
12.A lista electoral foi precaria no sentido de non dispoñer dela con antelación abondo
para facer correccións, permitir alegacións.
13.Rachouse unha folla do manifesto por unha votante, a máis da alteración das circunstancias de voto para o seu voto particular.
14.Foi presentada a renuncia por escrito por parte de dous candidatos. Informe Primarias. ReC 2015. p. 4 de 5
15.Na presentación de resultados, nun primeiro momento, presentouse a Nines Domínguez e Mar Orosa cambiadas de posto.
16.O listado enviado á Xunta Electoral de Zona incluía nomes non coincidentes co DNI
correspondente.
17.O listado inicial de candidatura, e aprobado en asemblea, incluía erros de suma de
votos, con incidencia na orde do listado.
18.Houbo varios casos de sinatura en diferido do manifesto.
19.Está recollido un caso que indica a procura dun votante á súa casa por parte dun
candidato, descuberto por outro candidato

6.Recomendacións
Aínda que poderían ser moito máis extensas, en procura de operatividade e incidindo na
solución dos feitos máis rechamantes, apúntase que en votacións sucesivas, os candidatos presentados podan votar polo feito de selo. De xeito menos concreto, pero moito máis necesario, é preciso dispoñer de máis tempo para a presentación de candidaturas (anterior e posterior ó mesmo período de presentación), así como ter a lista electoral un tempo prudencial antes das eleccións, para poder amañar erros, e dispoñer asemade do tempo necesario para que, tanto de xeito interno como externo, haxa información abondosa sobre eleccións, electores, métodos, etc. É dicir, consideramos que o dispoñer de máis tempo permitirá facer as cousas mellor.
-o/os lugares e tempos das votacións deben ser elixidos en base a criterios de equidade
tanto de cara ós candidatos como ós electores.
-a realización dun manual de boas prácticas de candidatos (ou algo semellante) como
desenvolvemento da normativa pode ser unha ferramenta que evite prácticas que non deberan repetirse no proceso.

7.Conclusións
Conseguido. Iso foi o que a asemblea fixo ó validar as eleccións o día 7 de abril, dicir
que se conseguira o obxectivo. Iso non impide que se teña feito a ampliación de prazo para mellorar o proceso ou, no apartado anterior, algunhas recomendacións (aínda que queda indicado que poderían ser máis), a mais de que queden reflectidas diversas incidencias. Incidencias que, unha vez votada a validación, mesmo moito antes deste informe ou de rematadas as eleccións, resultan xa superadas.
Démonos cun canto nos dentes e sigamos a traballar: o resultado foi froito do traballo e
cara ó futuro sabemos como mellorar e a necesidade de facelo.
Unha última nota: este informe, posterior á validación das eleccións, queda realmente só
como informativo ou base da actuación da Comisión de Garantías, motivo polo que a súa redacción ten permitido algunha licenza, asumindo o resultado dunha votación previa da Asemblea.
Ribadeo, abril de 2015.
A Comisión Electoral.


Carta de Compromiso das Persoas representantes de Ribadeo en Común no Concello de Ribadeo.